No DOG do 09/09/2025 publican a RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2025, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 243, do 26 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.
Fan pública a baremación provisional do concurso de méritos no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal, ao cal se poderá acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion/convocatorias