No DOG do 11/09/2025 publican a RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2025, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG número 20, do 29 de xaneiro), pola que fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio.

Terá lugar o día 25 de setembro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas, na Escola Galega de Administración Pública, no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela, nas seguintes aulas:

– Aula 2

– Aula 11