No DOG do 12/09/2025 publican:
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX), convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 16 de setembro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).
- RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil, convocado pola Resolución do 22 xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio eliminatorio e obrigatorio da proba de oposición.
Terá lugar o 17 de setembro de 2025, ás 15.30 horas, nas aulas 2 e 9 da Escola Galega de Administración Pública, sitas en Santiago de Compostela na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).