No DOG do 16/09/2025 publican a RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 221, do 21 de novembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, para presentaren a documentación prevista na citada base.