No DOG do 19/09/2025 publican a RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galia, suzbgrupo A2, escala de orientación laboral, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo) pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de orientación laboral, no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal

De conformidade coa base II.1.1.3 respecto ao terceiro exercicio, estarán exentas da súa realización as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galiza do presente acordo, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado.