No DOG do 08/10/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 16 de setembro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galiza número 182, do 20 de setembro, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio.

Consonte o previsto na base II.2.4 da resolución de convocatoria do proceso selectivo convócanse para a realización do cuarto exercicio os días 27, 28 e 29 de outubro e 3, 4 e 5 de novembro de 2025, ás 16.15 horas, na sala D do Edificio Administrativo de San Caetano, ás persoas aspirantes que constan no devandito DOG.

- RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de GaliZa, grupo B, escala técnica de delineantes, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de GaliZa número 221, do 21 de novembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

o segundo exercicio da oposición terá lugar día 16 de outubro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 10 da Escola Galega de Administración Pública sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).