No DOG do 09/10/2025 publican a RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 21, do 30 de xaneiro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron o 17 de setembro de 2025 ao segundo exercicio no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal.

De conformidade coa base II.1.1.3, respecto ao terceiro exercicio, estarán exentas da súa realización as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galiza do presente acordo, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado.