No DOG do 10/10/2025 publican a RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2025, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo IV do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 243, do 26 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican como anexo á presente resolución a relación de persoas aspirantes que superaron, para cada categoría, o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, e propoñen o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.