No DOG do 10/10/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais, convocado pola Resolución do 30 de novembro de 2023.

- RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de axentes facultativos ambientais e axentes forestais, convocado pola Resolución do 30 de novembro de 2023.

Publican as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas para cada un dos postos solicitados no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, na epígrafe de concurso de traslados: https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta

As persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, concretamente ata o 24 de outubro. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base IV da convocatoria («Tramitación electrónica»): https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions