No DOG do 13/10/2025 a Amtega publica a RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix), no seu nivel intermedio.
O prazo para a inscrición será de catorce (14) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.