No DOG do 13/10/2025 publican:
- RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade limpeza e cociña (AP), da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
- RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos xerais (PSX), subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.