No DOG do 30/10/2025 publican a RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 10B e 10C do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se fan públicos os resultados obtidos polas persoas aspirantes presentadas á proba visual.
Os resultados obtidos polas persoas convocadas á dita proba visual reflíctense no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta