No DOG do 04/11/2025 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 1 de setembro de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 221, do 21 de novembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.