No DOG do 04/11/2025 publican:
- RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza, especialidade de mecánico, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 98, do 23 de maio), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.
Terá lugar o día 28 de novembro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).
- RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza, especialidade de patrón, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 98, do 23 de maio), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.
Terá lugar o día 28 de novembro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).