No DOG do 06/11/2025 a EGAP publica  RESOLaUCIÓN do 27 de outubro de 2025 pola que se convoca formación en prevención de riscos laborais para o persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención da Residencia de Maiores de Burela.

É preciso estar rexistrado na área de matrícula da EGAP. Para iso ten que premer na icona «área de matrícula» da páxina web da EGAP e rexistrarse premendo en «rexistrar unha conta para acceder ás aplicacións», situada na parte inferior da pantalla (no caso de que o/a traballador/a xa estivese rexistrado/a, este paso non será necesario).

A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.