No DOG do 13/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (AP), escala de persoal subalterno, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 22 de novembro de 2025, na sala de lectura e na aula número 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.