No DOG do 17/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala técnica de delineantes, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 221, do 21 de novembro), pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.
Publican os resultados obtidos polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal