No DOG do 28/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 21, do 30 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 2 de decembro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).