No DOG do 01/12/2025 publican a RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo pola quenda de promoción interna e o terceiro exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas o 23 de setembro de 2025 ao primeiro exercicio do proceso selectivo pola quenda de promoción interna e ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal