No DOG do 04/12/2025 publican a RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de axentes facultativos ambientais e axentes forestais, convocado pola Resolución do 30 de novembro de 2023.
Adxudican e fan públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo I. Esta información atópase ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe <concurso de traslados>.
Difiren os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata que se publique no Diario Oficial de Galiza a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.