No DOG do 05/12/2025 publican:
- RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 21, do 30 de xaneiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.
- RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo pola quenda de promoción interna para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 21, do 30 de xaneiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.
Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal