No DOG do 05/12/2025 publican a RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña (AP), da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 220, do 20 de novembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 13 de decembro de 2025, nas aulas 17, 18 e 19 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.