No DOG do 10/12/2025 publican a RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2025, conxunta dos tribunais nomeados para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 100 do grupo III e na categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se publican os resultados da proba física pendente de dúas persoas aspirantes.

Os resultados obtidos polas persoas convocadas á dita proba física reflíctense no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta