No DOG do 12/12/2025 publican a RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio, pola quenda de promoción interna, e do cuarto exercicio, pola quenda de acceso libre, do proceso selectivo.

Terán lugar o día 17 de decembro de 2025, a partir das 15.30 horas, na sala D do Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.