No DOG do 12/12/2025 publican a RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2025, do tribunal designado para cualificar a proba de coñecemento da lingua galega dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Proba de galego, nivel Celga 3.
Unha vez efectuada a corrección dos exames realizados o 4 de decembro de 2025 na sesión do 11 de decembro de 2025, publícase no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal a cualificación como apto ou non apto das persoas aspirantes que se presentaron á citada proba de coñecemento da lingua galega.