No DOG do 19/12/2025 publican a RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se modifica a Resolución do 6 de novembro de 2025 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais, convocado pola Resolución do 30 de novembro de 2023.
Modifican o punto segundo da Resolución do 6 de novembro, no que se establece a data de cesamento, que se deberá producir o día 19 de xaneiro de 2026.