No DOG do 30/12/2025 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2025 pola que se publica o Plan de formación para o ano 2026.
Esta resolución ten carácter informativo e que a execución das accións recollidas nela queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e suficiente e ao que se estipule en cada convocatoria. Así mesmo, debe advertirse que quedan excluídas as actividades derivadas de cursos selectivos, os cursos superiores, as actuacións en colaboración, xornadas, conferencias, seminarios e cursos monográficos, así como as actividades doutras administracións públicas (excepto as sinaladas) e as actividades de formación do persoal docente da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do persoal sanitario e do persoal das forzas e corpos de seguridade.
Para acceder ás accións formativas recollidas neste plan, será preciso formalizar matrícula, despois de que se publiquen no Diario Oficial de Galiza as correspondentes convocatorias.