No DOG do 13/01/2026 publican a RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o segundo exercicio pola quenda de promoción interna, e o cuarto exercicio pola quenda de acceso libre, do proceso selectivo.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas o día 17 de decembro de 2025 ao segundo exercicio pola quenda de promoción interna e ao cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no portal web corporativo da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal