No DOG do 21/01/2026 publican a RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2026 pola que se establece a data, a hora e o lugar para a realización do sorteo público a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza.
O sorteo será o día 22 de xaneiro de 2026, ás 10.00 horas, na sala D da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.