No DOG do 22/01/2026 publican a RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala técnica de delineantes, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 221, do 21 de novembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Publican a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo pola orde de puntuacións obtidas, atendendo aos criterios de desempate previstos na base IV.1. da convocatoria.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galiza desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base.