No DOG do 26/01/2026 publican a RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2026, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas.

De conformidade co establecido na base V.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galiza desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.