No DOG do 03/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina (Diario Oficial de Galiza número 37, do 24 de febreiro de 2025), pola que se fai pública a relación de aprobados do proceso selectivo.

De conformidade coa base IV.2, o tribunal xunta con esta resolución a relación de persoas aspirantes que o superaron por orde de puntuacións acadadas. Nesta mesma resolución propón o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.