No DOG do 03/02/2026 o INSTITUTO TECNOLÓXICO PARA O CONTROL DO MEDIO MARIÑO DE GALIZA publica o ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2026 polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura definitiva de dous postos de analista de laboratorio existentes no cadro de persoal laboral, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, e pola quenda de acceso libre.

As bases estarán expostas na páxina web do Intecmar (http://www.intecmar.gal/ transparencia/Convocatorias/Default.aspx). O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.