No DOG do 04/02/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2026 pola que se convocan actividades formativas para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galiza.

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os/as empregados/as públicos/as das entidades locais e da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades públicas instrumentais enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e da Administración institucional do sector público autonómico de Galiza, que se encontren en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata o día 11 de febreiro, incluído.