No DOG do 12/02/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de cociña, convocado mediante a Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 123, do 30 de xuño), pola que se fan público a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e segundo exercicios do proceso selectivo.
O primeiro e o segundo exercicios da oposición terán lugar o día 21 de febreiro, ás 9.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda (Pontevedra).
- RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal subalterno, convocado mediante a Resolución do 24 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 233, do 2 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
O primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 22 de febreiro de 2026, en chamamento único, que se iniciará ás 15.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia en Silleda.