No DOG do 12/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes técnicos en xestión ambiental, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).
Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.