No DOG do 13/02/2026 publican o ACORDO do 3 de febreiro de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 16 de setembro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galiza número 182, do 20 de setembro.

Publican, como anexo a este acordo, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

De conformidade coa base IV.2 da resolución da convocatoria, a partir do día seguinte ao da publicación da relación de persoas aprobadas no DOG, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para presentar os documentos previstos na citada base.