No DOG do 1602/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimos-pesqueiros, especialidade de servizos ao buque, convocado pola Resolución do 3 de decembro de 2025 e modificado pola Resolución do 23 de decembro de 2026, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o 24 de febreiro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas), en Santiago de Compostela.
- RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo convocado mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos de cultivo acuícola (Resolución do 24 de xuño de 2025, Diario Oficial de Galiza número 123, do 30 de xuño), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 24 de febreiro de 2026, ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).