No DOG do 23/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina (Diario Oficial de Galiza número 37, do 24 de febreiro de 2025), pola que se modifica a resolución de relación de aprobados do proceso selectivo.

Mediante esta resolución modificamos o Acordo do 19 de xaneiro de 2026 e requirimos as persoas aprobadas para que no prazo de vinte (20) días presenten a documentación prevista na base IV.2 da convocatoria. O prazo comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta mesma resolución no Diario Oficial de Galiza (DOG).