No DOG do 24/02/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2026 pola que se convocan actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais ComDix para o persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, da Administración de xustiza de Galiza, das entidades locais galegas e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (en diante, PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galiza (SUG).
Convocan os cursos que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e ata o 4 de marzo de 2026.
O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres máis o curso ComDix iniciación 0: empezamos!