No DOG do 24/02/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo ás novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 100 do grupo III, na categoría 33 do grupo IV e nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro).

- RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ao corpo de técnicos de carácter facultativo, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo B, especialidade bombeiro forestal-xefe de brigada e ao corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de bombeiro forestal, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro).

Publican como anexo II a relación de persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos sinalados anteriormente e que son emprazadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación das bases das convocatorias, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Os postos ofertados e os requisitos esixidos para a súa ocupación figuran como anexo III desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao grupo e categoría a que acceden e de conformidade co indicado no anexo III desta resolución.

Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo II desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.