No DOG do 25/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 222, do 22 de novembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

O detalle da puntuación de cada un dos méritos poderase consultar na canle do emprego publico de Galiza (Fides), accedendo á inscrición no proceso selectivo, no bloque «Resultado», que se amosará no momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.