No DOG do 05/03/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2026 pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos, para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, e do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galiza.

Convocan os cursos que figuran no anexo II, que se deberán desenvolver segundo as bases detalladas no anexo I.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e ata o 13 de marzo de 2026.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.