No DOG do 06/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba física pack test para o procedemento de elección de destino de determinados postos de traballo do corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo B, especialidade bombeiro/a forestal-xefe/a de brigada e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de bombeiro/a forestal.

Ao abeiro do disposto no punto décimo primeiro da Resolución do 23 de febreiro de 2026, modificada pola Resolución do 27 de febreiro de 2026, convócanse as persoas aspirantes que no procedemento de elección de destino soliciten unha praza definida na RPT coa observación «R.I.: proba física pack test» para o día 10 de marzo de 2026, a partir das 10.00 horas, no estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, 20, Santiago de Compostela, para realizar a proba física, en chamamento único segundo a distribución que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos