No DOG do 11/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de ciencias do mar, convocado mediante a Resolución do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 162, do 26 de agosto), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 24 de marzo de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2, 5-6, 7 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.