No DOG do 23/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza, especialidade de patrón e mecánico, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio.
Terá lugar o día 27 de marzo de 2026, na Academia Galega de Seguridade Pública-Agasp, sita na rúa da Cultura, s/n, 36380 A Estrada (Pontevedra). As tres probas de aptitude física das que consta o exercicio son:
Primeira proba (subida escala de vento): terá lugar no polideportivo da Academia Galega de Seguridade Pública, en chamamento único que se iniciará ás 9.30 horas.
Segunda proba (carreira de 1.000 metros): terá lugar nas pistas de atletismo do Concello da Estrada, situadas na Academia Galega de Seguridade Pública, en chamamento único que terá lugar ás 11.00 horas.
Terceira proba (natación): terá lugar na piscina da Academia Galega de Seguridade Pública, en chamamento único que terá lugar ás 14.00 horas.