No DOG do 27/03/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría industrial, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

A relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

- RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría agronómica, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Fan pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, como anexo I a esta resolución.

- RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñería técnica agrícola, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Fan pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, como anexo I a esta resolución.

De conformidade co disposto na base IV.2, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación destas resolucións no Diario Oficial de Galiza, para presentar a documentación prevista na citada base.