No DOG do 01/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de oposición, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de recursos naturais e forestais, convocado mediante a Resolución do 4 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 131, do 10 de xullo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

O segundo exercicio da oposición terá lugar o día 14 de abril de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no seminario B da Escola Galega de Administración Pública, na rúa Madrid, núm. 2-4 (Fontiñas), en Santiago de Compostela.