No DOG do 07/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2026 pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

As persoas aspirantes que teñan que presentar documentación acreditativa dos méritos baremables na fase de concurso do proceso selectivo a que se refire esta resolución, achegarana ao seu expediente persoal electrónico, ao que accederán a través da canle do emprego público de Galiza (Fides) no enderezo https://fides.xunta.gal, seguindo o procedemento establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023 pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das súas entidades públicas instrumentais.

O prazo para presentar a solicitude de actualización de méritos e a documentación acreditativa deles, para formular alegacións ou para emendar o estado de «acreditación documental incompleta», rematará aos dez (10) días hábiles a partires do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.