No DOG do 08/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos sanitarios (Diario Oficial de Galiza número 42, do 4 de marzo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 21 de abril, ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita en Santiago de Compostela, na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).